O prezo da electricidade é o que se mostra na web?
A electricidade ten un prezo oficial no mercado que varía cada hora, en función da oferta e a demanda dos consumidores nese momento. Non obstante, nós temos un prezo estable as 24 horas do día para que non teñas que preocuparte polos horarios.
A tarifa de LUZ de prezo estable todo o día está deseñada para as persoas que non queren complicacións nin estar pendentes de horarios. Este plan caracterízase porque o prezo do kWh sempre é o mesmo, independentemente do día e da hora na que se produza o consumo eléctrico, facilitando así que poidas seguir o teu ritmo de consumo sen alteracións.
Adicionalmente a iso dispoñemos dunha tarifa de LUZ a prezo estable para autónomos ou negocios, que consta tamén dun prezo único as 24 horas do día. Deste xeito, non tes que supeditar a actividade da túa empresa a horarios máis ou menos económicos, facilitándoche así o maior aproveitamento.