Chámanos ao

900 733 734

Que é Jazztel LUZ y GAS?

Jazztel LUZ y GAS é o servizo de Jazztel que ofrece electricidade e gas para fogares en España, ofrecendo un servizo sinxelo a prezo competitivo, e sen compromiso de permanencia. Adquirimos luz 100% verde e con certificados de Garantía de Orixe renovables. Ademais, levamos a cabo proxectos de reforestación co fin de compensar a pegada de carbono xerada polo consumo de gas dos nosos clientes.

Por que elixir Jazztel LUZ y GAS?

Polos seus descontos e prezo competitivo: Se es cliente de Jazztel e contratas luz e gas, terás 9€ ao mes (IVE incl.) de desconto en telefonía, ademais de beneficiarte dun prezo estable de enerxía competitivo que che permitirá aforrar cada mes na túa factura.

Pola atención ao cliente e a nosa app completa e sinxela: O noso equipo de atención ao cliente está sempre disposto a axudar en caso de calquera dúbida ou incidencia. Tamén contamos cunha App desde a que os nosos clientes poderán realizar as xestións que necesiten en todo momento e desde calquera lugar. Descárgaa xa!

Se buscas unha opción enerxética sostible e económica para o teu fogar ou negocio, Jazztel LUZ y GAS é para ti. Contrata xa e non esperes para aforrar.

Como son as nosas tarifas?

En Jazztel LUZ y GAS ofrecémosche unha tarifa de LUZ sen complicacións, a un prezo estable as 24 horas, sen cambios durante os primeiros seis meses tras a contratación e sen ningún tipo de permanencia. Con esta tarifa esquéceste dos tramos horarios e das subas constantes de prezo. O cliente paga un prezo estable pola enerxía que se actualiza cada seis meses conforme ao mercado enerxético, facilitando así que a persoa usuaria pague sempre un prezo adaptado. Ademais, toda a enerxía á que accede o cliente ten unha orixe renovable.

Se es cliente de telefonía e contratas luz, aforras 6€ ao mes (IVE incl.) na túa factura de teléfono. 3€ ao mes de desconto adicional (IVE incl.) se contratas gas. Cantas máis altas de luz e/ou gas, máis descontos na túa factura de Jazztel.

Tamén dispoñemos dunha tarifa de gas a un prezo competitivo, que che axudará a aforrar non só na factura de enerxía, senón tamén na de telefonía se xa es cliente Jazztel. Con esta tarifa tamén gozarás dun termo variable único as 24 horas do día, do mesmo prezo sen cambios durante seis meses e sen compromiso de permanencia. Ademais, se contratas gas con Jazztel LUZ y GAS estarás contribuíndo a compensar a túa pegada de carbono mediante a reforestación dos nosos bosques.

Se es autónomo ou tes un negocio, podes conseguir un maior aforro e mellorar a eficiencia coa tarifa para negocios de Jazztel LUZ y GAS. Esta alternativa permíteche gozar dun prezo estable 24 horas, moi económico e sen permanencia. Deste xeito, podes ter un control total do teu consumo e planificar os gastos dunha maneira máis ordenada. Ademais, dámosche a opción de escoller a potencia que necesitas para que elixas a que mellor se adapta ás necesidades e ao tamaño do teu negocio.

A contratación e a alta de calquera destas tarifas é rápida e sinxela, e non hai cortes no subministramento. Podes facelo en liña, acudindo á túa tenda Jazztel máis próxima ou chamando ao 900 733 734.