Chámanos ao

900 733 734

Pódenme subir o prezo da luz?

A electricidade ten un prezo oficial xeral que varía cada hora, en función da oferta e a demanda do mercado nese momento. Cando hai moito consumo (por parte da poboación en xeral), o mercado ten que recorrer a fontes de enerxía máis caras para cubrilo e así non desabastecer á poboación. Cando hai grandes eventos meteorolóxicos inesperados (unha vaga de calor ou unha gran nevada, por exemplo), ocorre o mesmo.

Por que poden cambiar os nosos prezos cada 6 meses? Pois porque, aínda que garantimos un mesmo prezo estable as 24 horas durante 6 meses, en cada período de 6 meses facemos unha revisión dos prezos e axustámolos en función da actualidade do mercado, pero nada máis. Non te atoparás con subas repentinas nos nosos prezos durante eses seis meses (a excepción dos custos regulados polo Estado que son de obrigada repercusión no prazo ditado polos organismos oficiais). Durante ese tempo, non importa o día ou a hora na que se produza o consumo, o custo da enerxía non experimentará variacións.

De calquera forma, se en seis meses decides que o prezo de renovación non se adapta ás túas posibilidades, podes darte de baixa en calquera momento pois as nosas tarifas non dispoñen de compromiso de permanencia.

En Jazztel LUZ y GAS estamos comprometidos co teu aforro, así que sempre che facilitaremos a posibilidade de dispoñer de descontos en factura de diversas maneiras. Unha delas é ser cliente de Jazztel, beneficiándote dun desconto mensual de 9€ (IVE incl.) en factura de telefonía ao contratar LUZ e GAS connosco. Ademais diso, se traes a un amigo, recibiredes ambos 20€ de desconto en factura de luz (IVE incl. 5€ en factura durante 4 meses cada un).

Só che levará 2 minutos contratar en liña e comezar a aforrar.