Chámanos ao

900 733 734

Que é o CUPS e onde atopalo na factura?

O CUPS (Código Unitario de Punto de Subministramento) é o que usamos para identificar o teu punto de subministramento. É como o DNI do teu contador de electricidade. É un código distinto para cada contador, así que con ese código asegurámonos de que o cambio se realiza da forma correcta e o máis rápido posible.

Non sabes onde está? Só tes que coller unha factura da túa compañía actual e buscar na sección de datos do contrato. Verás que é un código de entre 20 e 22 caracteres, con letras e números.

Aínda así, en ocasións é difícil ler ou interpretar correctamente unha factura da luz. Por iso en Jazztel LUZ y GAS damos todas as facilidades e ofrecemos distintas vías para consultar o que necesites. Podes chamar ao 900 622 691 se xa es Cliente para falar cos nosos operadores, ou escribir a info@jazztelluzygas.com. Tamén podes acceder á App de Jazztel LUZ y GAS e nós axudarémosche no que requiras.