Chámanos ao

900 733 734

Transparencia no uso da IA

Algunhas das imaxes, iconas e outros elementos que ves nesta web poden terse creado, retocado ou apoiado con intelixencia artificial. Usámolos para ilustrar, informar e coidar o deseño, e antes de publicalos revísaos sempre unha persoa do noso equipo, porque cremos que a tecnoloxía só suma se hai transparencia e criterio humano detrás.

A IA tamén nos axuda a mellorar os nosos servizos e a que resolver as túas dúbidas sexa máis rápido e máis sinxelo. Se nalgún canal dixital te atende unha ferramenta deste tipo, non terás que adiviñalo: indicarémoscho ao comezar a conversa e/ou veralo grazas a un distintivo que a identifica como intelixencia artificial.

Traballamos para que a intelixencia artificial que utilizamos sexa fiable, segura e estea pensada para as persoas, e para que nunca funcione sen supervisión humana.